Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Casiano Mouriño Maquieira



Nace en San Lorenzo-Meis (Pontevedra). Realiza os seus estudos musicais nos Conservatorios Superior de Música de Vigo, de Santiago de Compostela e Joaquín Rodrigo de Valencia, onde obtén os títulos superiores de Dirección de Orquestra, Harmonía contrapunto composición e instrumentación, Saxofón, e de profesor de Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento, cos mestres Manuel Galduf Verdeguer, José Verea Montero, e Antón García Abril.

No ano 1987 obtén por oposición a praza de Profesor de Saxofón-barítono da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, no 2000 obtén a praza de 2º director da mesma, e de director dende xaneiro de 2007 ata outubro do 2009.

Dado o seu interese pola pedagoxía, realiza o "Curso de Aptitude Pedagóxica" impartido pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén realiza nesta mesma universidade distintos cursos no Departamento de Historia.

Asiste a cursos de Dirección de Orquestra, Banda, e Coro con destacados mestres coma: Helmut Rilling, Manuel Galduf Verdeguer, Enrique García Asensio, Antón García Abril, Magnus Lindberg Jean Pennnigs, Jean Marie Londeix , Andrés Gomis ,James Ross, Bernardo Adam Ferrero, Henrie Adams, José Susi López, Juan María Esteban, Pier Paolo Scattolin, , Injoo Joo, Ana María Navarrete, Johan de Meij, etc…

Impartiu e segue impartindo varios cursos, na Escola Municipal de Música de Padrón, Negreira, Paradela-Meis, Bandeira, e nos Conservatorios de Santiago de Compostela, e Martín Millán de Vilagarcía, etc…

Como compositor ten varias obras: Divertimento para orquestra, Vertula, Alfaia, San Lorenzo de Nogueira, Inquedanzas, para Banda, Metamorfosium para grupo instrumental (estreada pola EAEM baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave), Saxofonía para saxofón-alto e piano, e Anamnese (banda sonora da curtametraxe Anamnese de Leticia Prieto.

Realizou varias transcricións de obras para Banda como: Cadros dunha Exposición e Unha noite no Monte Pelado de M. Moussorgsky, Las Travesuras de Till de R. Straus e Metamorfosis Sinfónicas de P. Hindemit, e tamén instrumentacións de diversas obras para Banda.

Ten dirixido a solistas como Alexander Gold Makarov , Laura Alonso , Rosa Cedrón, Marina Penas, Eliseu Mera, agrupacións corais como Coral Polifónica "Xuntanza de Meis", Coral Polifónica de Barro, Coro Santa María de Paradela, Cantorum Compostellana Coniuntio, realizando diversas obras do repertorio sinfónico-coral como "Requiem K.626" de W. A. Mozart, "Gloria, KV 589" de A. Vivaldi, "O Mesias" de G. F. Haendel, "Carmina Burana " de Carl Orff, a Banda de Música da Vertula, coa que acada varios 1º Premios en distintos Certames, Banda de Música de Pontevedra. Tamén ten estreado varias obras propias e de outros compositores galegos como Juan Lois, Simón Couceiro, Javier Ces, etc..

Na actualidade é Director en funcións da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, actividade que compaxina coa colaboración na dirección da Escola de Música Alfaia (Santiago de Compostela), e da Banda de Música da Vertula (Paradela-Meis).

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005