Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia é un centro de educación musical xestionado polo Consorcio de Santiago para a formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes actividades de divulgación musical. Imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, recoñecido como posgrao propio da USC, e outros máis pequenos, dirixidos ás areas da composición e a música de cámara. A Escola está estreitamente vinculada coa Real Filharmonía de Galicia, coa que forma un único proxecto, sendo os seus músicos profesores na Escola

Desde a súa creación en 1996, a Real Filharmonía de Galicia tivo unha vocación pedagóxica que marca o seu carácter de maneira singular e que se materializa na Escola de Altos Estudos Musicais, no que os alumnos adquiren a capacitación necesaria para integrarse, con éxito, ao mundo profesional da música e a súa excelencia profesional.

O proxecto da Escola e da Filharmonía ten, pois, unha vocación galega, e ofrece todos os futuros músicos profesionais un programa formativo de primeira orde, á vez que confirma á música como un referente no ámbito cultural da cidade de Santiago.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005