Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Premios anteriores

I Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia 2002

No I Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia 2002 o galardón quedou deserto.

II Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia 2004

No II Premio Internacional de Composición Auditorio de Galicia 2004 o premio gañouno Rogelio Groba coa obra Plenilunio. Danza sinfónica e esta obra estréase o xoves 8 de xuño do 2006 pola Real Filharmonía de Galicia e será dirixida por Maximino Zumalave no Auditorio de Galicia.

I Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O I Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, dotado con 1.000.000 de pesetas, conseguiuno Raúl Pereira (Pontevedra, 1977). Licenciado na Facultade de BB.AA. de Pontevedra, Universidade de Vigo. Obra: Sen Título (Técnica: madeira, masilla branca, tea, cordel, libros e chumbo).

O currículo profesional de Raúl Pereira comeza no ano 1998 con dúas exposición individuais en Pontevedra. No 2000 expón en Cambados, Malpica, A Estrada e Monforte de Lemos, forma parte da mostra II Beca de Creación Artística que se expón na Sala Miró do Palacio de Congresos de Madrid; expón no Rectorado de Vigo e participa na V Mostra ArtXove de Pontedeume e no II Premio Aycom do Concello de Vigo. No 2001 a súa exposición En tiempo real exhíbese na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Os accésits, dotados con 200.000 pesetas, recaeron en Celia Lago (Boiro, 1978), Patricia Dopico (Fene, 1977), Álvaro Negro (Lalín, 1973) e Reboiras (Seixo-Marín, 1969).

II Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Na seguinte edición, o II Premio Auditorio de Galicia para novos artistas de 2002, o primeiro premio, dotado con 6.000 euros, recibiuno a artista Lorena Gómez, que presentou o traballo videográfico Vértigo 02 do ano 2002 con duración de 2'58". Nacida en Ourense no ano 1978 e estudante de Belas Artes, na especialidade de deseño e audiovisuais na Facultade de Belas Artes de Pontevedra esta nova creadora comezou a súa traxectoria artística utilizando como soporte as novas tendencias.

Os catro accesits dotados con 1.200 euros cada un recaeron nos seguintes creadores:

III Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O III Premio Auditorio de Galicia para novos artistas conseguiuno o artista Rubén Ramos Balsa. Nacido en Santiago de Compostela no ano 1978, se licénciase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, na especialidade de escultura. Participa dende hace varios anos en numerosas exposicións sendo este ano o gañador doutro importante concurso, o I Concurso Anual de Fotografía Purificación García.

O seu traballo artístico parte da acción e está ligado sempre á capacidade contemplativa do hombre, do proceso perceptivo. Con Tus lunares en mi cara, traballo fotográfico de 2003 continúa cunha reflexión estética en torno a estas percepcións.

Xunto a Rubén Ramos Balsa, o xurado outorgou outros catro accesits dotados con 1.200 euros cada un, que recaeron nos seguintes creadores:

IV Premio Auditorio de Galicia para novos artistas


O IV Premio Auditorio de Galicia para novos artistas conseguiuno o artista Pablo Pérez Sanmartín. Nacido en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, no ano 1980, licénciase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo. Participou en numerosas exposicións colectivas e varias individuais. No ano 2004 recibiu o 1º premio da IV Edición premios ContolArte. Controla Club de Valencia. A súa obra foi seleccionada tamén na terceira edición dos Premios Auditorio de Galicia.

Foi seleccionado pola obra 'Tomorrow people', título dunha colección de 64 cromos distribuída en sobres de cinco unidades cada un, cun álbum recopilatorio. A experiencia 'Tomorrow people' fai fincapé no aspecto do intercambio entre todos os seus coleccionistas, exhíbese como unha instalación que mostra os elementos básicos constituíntes do proxecto adoptando a apariencia dun stand promocional.

Xunto a Pablo Pérez Sanmartín, o xurado outorgou outros catro accesits dotados con 1.200 euros cada un, que recaeron nos seguintes creadores:

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005