Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Exposicións


©imaxe Los Bravú 'Traballo para a Real Academia Española en Roma', 2016

A sala Isaac Díaz Pardo acolle exposicións e coleccións temporais, tanto individuais como colectivas, que exhiben as tendencias artísticas de ámbito internacional. O horario de exposicións é todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 (agás os días que hai concerto, no que remata ás 19:00). (A sala permanece pechada o 25 de xullo, 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 5 de xaneiro)

Ata o 25 de xuño de 2017 pode verse 'MiiC, Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea'. Comisariada por Matilde Rodríguez, trátase dunha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.

A mostra resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que admite un amplo abanico de técnicas e soportes e que, ademais, está sempre en constante evolución, o que provoca que se adapte facilmente ás novas tecnoloxías.

A través da MiiC achegarémonos ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.

Artistas e proxectos que participan:

Guía Ninja do Ilustrador (AGPI) / Cinta Arribas / Carlos Arrojo / Arnal Ballester / Gary Baseman / Los Bravú / Marina Capdevila / Eme / Cristóbal Fortúnez / Ilustradores a la mesa / IlustraDots / José Ja Ja Ja / Jano / Martin Jarrie / Martín López Lam / Pepe Medina / Sergio Mora / Nobrow / Sara Pazos / David Sierrra / Alberto Vázquez

Matilde Rodríguez Domínguez // Comisaria

VISITAS GUIADAS E TALLERES: O Auditorio ofrece a posibilidade de facer visitas guiadas ás súas exposicións tanto desde centros educativos como por libre. Ademais, tamén ofrece diversos talleres relacionados coa mostra. Toda a información pode consultarse 'aquí'.

Os interesados deben poñerse en contacto coa responsábel do Departamento de Exposicións para concertar unha data cubrindo este formulario ou no teléfono 981 574152/3 en horario de 9:00 a 14:30 h.

APP: Esta mostra conta unha aplicación que nos guía a través de todo o percorrido engadindo información sobre as obras e artistas presentes. Pode descargarse tanto para Apple como para Android.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005