Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Programacion propia


Programa de abono

A programación de abono, destinada á creación de público e á fidelización de espectadores, ten a vantaxe de gozar de descontos para asistir aos espectáculos.

Concertos didácticos

A programación de concertos didácticos integra visitas guiadas e concertos para escolares, e pon á súa disposición unidades didácticas para traballar na aula previamente.

Programa de familia

Os rapaces tamén poderán gozar coas súas familias dos concertos didácticos no Auditorio, en horario de tarde.

Teatro didáctico

Do mesmo xeito ca os concertos, o Auditorio programa tamén obras de teatro interesantes para escolares. As funcións terán lugar no Teatro Principal.

Teatro para a familia

Os rapaces e rapazas tamén poderán gozar do teatro en horario de tarde, acompañados polas súas familias.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005