Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Venda de entradas

Despacho de billetes

Para os eventos do Auditorio de Galicia poderán collerse as entradas na billeteira central da Concellería de Acción Cultural, situada no Teatro Principal, en horario de martes a sábado (+días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Ademais, tamén poderán adquirirse na billeteira do propio Auditorio o día do concerto desde as 18.00h ata a hora de comezo do evento.

Venta online

As entradas poden mercarse, salvo algunha excepción, por internet no servizo de ABANCA en entradas.abanca.com

Venda telefónica

Os abonos e localidades poderán adquirirse nos teléfonos: 981 57 10 26 e 981 57 39 79 (o día do concerto a partir das 18.00h.) e no 902 434 443. As localidades poderán recollerse despois no despacho de billetes do Auditorio o propio día do concerto desde as 18.00h ata media hora antes do comezo do concerto.

Alteracións

O Auditorio de Galicia resérvase o dereito de alterar o día, hora e lugar dos concertos, reemprazar a algún artista ou formación musical, así como cancelar calquera dos concertos programados.

ABONOS

Modalidade de abonos para a temporada 2014/2015


ABONO A outubro 2015/xuño 2016
32 concertos = 443,00 eur
25 % desconto = 332,25 eur

ABONO B outubro/decembro 2015
11 concertos = 146,00 eur
15% desconto = 124,10 eur

ABONO C xaneiro/marzo 2016
11 concertos = 156,00 eur
15 % desconto = 132,60 eur

ABONO D abril/xuño 2016
10 concertos = 141,00 eur
15% desconto = 119,85 eur

ABONO ESPECIAL**
Abono A: 221,50 eur
Abono B: 73,00 eur
Abono C: 78,00 eur
Abono D: 70,50 eur

ABONO COLECTIVO***450,00 eur

** Abono Especial para estudantes e xubilados co 50% de desconto. Pode adquirirse para toda a temporada ou por trimestre.
*** Abono Colectivo para asociacións culturais e veciñais, escolas de música públicas e centros educativos públicos. 60 abonos á venda para a temporada 2015-16. Cada abono contén 4 entradas por concerto. Debe adquirirse para toda a temporada. Para a compra destes abonos deberá acreditarse documentalmente a pertenza aos colectivos especificados.

Localidades

Á persoa abonada entregaránselle as localidades de cada concerto, co número de fila e de butaca, que será o mesmo durante todo o abono. Unha vez que as localidades sexan retiradas pola persoa abonada, será a única responsábel das mesmas. En ningún caso o Auditorio de Galicia entregará un duplicado das localidades en caso de perda, deterioro, roubo ou destrución.

Utilización

A persoa abonada que non faga uso do abono, nalgún ou en todos os concertos, non terá dereito a ningún reintegro económico.

Organización

Se por razóns urxentes de organización houbese que programar un dos concertos de abono mediante aforo non numerado, a persoa abonada, malia estar en posesión das súas localidades numeradas, deberá aterse ás butacas dispoñibeis no momento de acceder á sala, sen ningún dereito a esixir filas ou butacas ocupadas.

Renovación de abonos

No teléfono 981 57 10 26, de 11:00 a 14:00 h, os días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 e 10 de setembro de 2015.

Venda de novos abonos

No despacho de billetes do Auditorio de Galicia, en horario de 11:00 a 14:00 h, os días 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 de setembro de 2015.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005